18/12/2012

SEN TÍTULO 2

"PICA" AQUÍ:



O novo disco dos Vicky Polard está a piques de saír á rúa! Con pegadas punk, grunge e deixes indies tinguidos de psicodelia. Ritmos acompañados de letras atrevidas e neuróticas que logran unha atmósfera innovadora no panorama musical galego.

Dentro do tema que aquí vos presento, inclúese un "remix" do poemario VINTE EN ESCENA. Por iso aproveito para agradecerlle ao cuarteto compostelá a súa elección e para darlle os parabéns por este excelente traballo.
O título da canción é "Sen título", pois, como o propio grupo declara: "nun mundo no que só somos número, ninguén ten dereito a ter nome".

Non deixedes de escoitalo!! Nin esta nin as demais composicións de "42", dispoñibles na bandcamp:http://vickypolard.bandcamp.com/