26/09/2011
08/04/2011
xoves 14 de abril-sábado 16 de abril

Temos os sentidos limitados. Non sabemos percibir. Tan só sobrevivimos na cegueira da monotonía máis absurda...
Esquecemos que formamos parte dunha colectividade; que posuímos a forza invencible da unión...
(...)
NÓS non nos imos resignar. Permaneceremos ATADOS. E ti?
Este XOVES 14 de abril ás 21:00 no Pazo da Cultura de Carballo
Presentación do libro Átonos, de Rosalía Fernández Rial. Cunha posta en escena a cargo da autora, do pianista Serxio Moreira e dos ilustradores do libro (Mon Lendoiro, Viki Rivadulla, Emi de las Heras, Chiña, Fátima Fortea e Susana Llorente. 6 recoñecidos pintores de Carballo e de Muxía).
A escritora Mercedes Queixas presentará o acto de Carballo e o poeta Suso Bahamonde, o de Muxía.
Porque o SÁBADO 16 de abril levaremos o espectáculo a Muxía.
11/10/2010
05/08/2010
En clave de sol en Muxía

Os seres libres e indecentes só respiramos entre as sombras da luz. Porque somos vagabundos; nómadas errantes bebendo malabares nos límites do abismo...
Só nós podemos escoitar as NOITES e descifrar as súas tonalidades. Levamos ó lombo noites indignas; para esquecer e recordar...Noites festivas; de cine; terminais...Noites con lume, teatro e licor café...Noites maiores, menores, diminuídas, disoantes e en silencio...
Pero sobre todo...NOITES en Muxía. O noso refuxio. A patria do nordés.
Se queres volver a vivilas VEN !!!! :
O VENRES 13 DE AGOSTO ÁS 21:00 no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía.
(re)presentación do poemario musical En clave de sol de Rosalía Fernández Rial; con Manuel Bello ó piano e Mon Lendoiro ó debuxo.
Estaremos agardando por ti.

