09/04/2014

07/04/2014

De cadernos e cuestións


Hoxe, no Caderno da Crítica, de Ramón Nicolás:
http://cadernodacritica.blogaliza.org/2014/04/07/cuestionario-proust-rosalia-fernandez-rial/ 




Cuestionario Proust: Rosalía Fernández Rial

Desde o blogue de Ramón NicolásCaderno da crítica, esteCuestionario Proust a Rosalía Fernández Rial:
«1.– Principal trazo do seu carácter?
- A abstracción. Así, sen concretar.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
- A Honradez, en especial na modalidade de impulso irreprimible.
3.– Que agarda das súas amizades?
- Que sexan como son. Mais, postos a pedir, “Amor” (a poder ser, platónico).
4.– A súa principal eiva?
- Pisar ás miñas parellas de tango. Coa muiñeira, o rock ou a salsa non me pasa (aclároo por se alguén que nos estea lendo me quere sacar a bailar). En calquera caso, esa debe ser unha eiva secundaria. A principal penso que é a dúbida perpetua, mais non estou moi segura.
5.– A súa ocupación favorita?
- A ningunha actividade que me entusiasme lle chamaría “ocupación”.
6.– O seu ideal de felicidade?
- Ser Feliz.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
- Aquela que tivera menos graza.
8.– Que lle gustaría ser?
- Un personaxe de ficción.
9.– En que país desexaría vivir?
- En Fantasía. E, de non ser posible, no das Marabillas.
10.– A súa cor favorita?
- A da Utopía.
11.– A flor que máis lle gusta?
- A das “cen follas”.
12.– O paxaro que prefire?
- A Ave Fénix.
13.– A súa devoción na prosa?
- Ser moi devota duns poucos magos. E, logo, deixarme sorprender.
14.– E na poesía?
- Aínda máis.
15.– Un libro?
- Si, por favor. Grazas.
16.– Un heroe de ficción?
Robin Hood existiu?
17.– Unha heroína?
- A de Trainspotting parece boa.
18.– A súa música favorita?
- Sempre depende do momento.
19.– Na pintura?
- Tamén.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
- Mataríame se revelase a súa identidade.
21.– O seu nome favorito?
- O dese/a heroe/heroína real.
22.– Que hábito alleo non soporta?
- O de copiar e pegar sen citar.
23.– O que máis odia?
- Que o ser humano sexa capaz de odiar.
24.– A figura histórica que máis despreza?
- A de quen coartou a liberdade, en calquera das súas formas.
25.– Un feito militar que admire?
- O dos Jedis contra os Siths, son os únicos exércitos nos que creo.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
- O das ilusionistas.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
- En escena, tras a mellor función da miña vida.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
- O onirismo con alucinacións.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
- Os infantís. As cativas e cativos poden “facer de min un pandeiro”, expresión moi de Celso Emilio –de quen, si, son devota–.
30.– Un lema na súa vida?
- Miña avoa materna, Lema Touriñán.

06/04/2014

A INERCIA REMA SEMPRE NA MESMA DIRECCIÓN



24 excelentes postais de Teresa Búa inspiradas no poemario de Rosalía Fernández Rial

Ningún amante sabe conducir.



No blog de Teresa podedes ir descubrindo, peza por peza, cada postal, mentres ledes os textos no libro e pensades no voso AMANTE : http://terebua.blogspot.com.es/2014/04/postais-en-detalle-inercia-rema-sempre.html



24/03/2014


Ningún amante sabe conducir...

Ningún,
ningún,
ningún...

01/03/2013

ROSALÍAS. DAQUELAS QUE CANTAN.


"Daquelas que cantan as pombas i as frores,
Todos din que teñen alma de muller.
Pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,
¡ai! ¿de que a terei?"
(Rosalía de Castro)






O VENRES 8 de MARZO, ás 21:00, no Pazo da Cultura de Carballo....

"ROSALÍAS. Daquelas que cantan"
Espectáculo poético e musical a cargo de:

UXÍA
HABELAS HAINAS
DOLORES PLATAS
ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL

en homenaxe a Rosalía de Castro, no Día Internacional da Muller

*a entrada será libre e de balde