23/12/2008

Day tripper



Volveremos ó camiño: Tres plumas no sombreiro; fume e ansias de revolución.

Como cando sabiamos que o sistema se reformaba con orixinalidade e soñabamos con ...


...

...

...

...

...


Si. Volveremos ó camiño.

01/12/2008

Walter Yunans Sebov



…xusto naquel momento, o espíritu luminoso penetrou de novo na habitación e todo volveu a ocorrer....

Walter conseguiu introducirse unha vez máis no meu interior fundíndose comigo en hipnotizantes destellos de iluminación...

O meu cerebro, usurpado, emitía ladridos de loucura insoportable que acoitelaban calquera camiño de volta ao autocontrol desesperado.
E entre riadas de risas enxordecedoras espetou:

-Se tan sequera foses quen de canalizar os sentimentos, se non quixeses querer, se pararas de amar, de sufrir, de pensar, de idolatrar pasados perdidos, de delirar, de esquecer, de confiar, de crer......ENTÓN, WALTER YUNANS SEVOB, NON EXISTIRÍA XAMAIS.......

e seguiu a azoutarme salvaxemente o corazón, sen parar de rir e de berrar...ata que

3
2
1

[!]

à la belle étoile


"He aquí tu estrella que pasa
Con tu respiración de fatigas lejanas
Con tus gestos y tu modo de andar
Con el espacio magnetizado que te saluda
Que nos separa con leguas de noche
Sin embargo te advierto que estamos cosidosa la misma estrella
Estamos cosidos por la misma música tendida
De uno a otro
Por la misma sombra gigante agitada como árbol
Seamos ese pedazo de cielo
Ese trozo en que pasa la aventura misteriosa
La aventura del planeta que estalla en pétalos de sueño..."

V. HUIDOBRO


…cando regreses, trae a primavera empaquetada nun ceo de verán…
Namentres, as pléiades esconderán as aspiracións quebrantadas, a inquietude durmida, que a despedida arrebata.

Por iso foi mellor invadir o silencio de palabras inconsecuentes, taladralo con verborrea cotidián. Porque eu non sei cortar, nin calar, nin chorar, nin mirar ollos impregnados de bágoas, nin marchar, nin quedar, nin sentir......

intento soñar, voar, permanecer, fuxir...

Pero tan só consigo entrenzar raiolas de desesperación co tempo perdido...e estremecer indicios de presencias cautivadas.