07/06/2014

Un posible sorriso






http://cadernodacritica.blogaliza.org/2014/06/07/ningun-amante-sabe-conducir-de-rosalia-fernandez-rial/

no Caderno da Crítica de Ramón Nicolás


AUTOR DA RECENSIÓN: RAMÓN NICOLÁS

Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) contribúe a alentar e vivificar con solidez o noso discurso poético e faino cunlibro coma este, que abraza certa rebeldía e irreverencia e que se acaroa a algo así como unha “road movie” literaria que dialoga con diversos xéneros, tripa con convicción camiños -léanse estradas- como as que conducen ao desexo e aoerotismo, interseccionando entre si  para erixir unha suxestiva e ricaz metáfora da propia vida e de nós mesmos. Kerouac, talvez, sorriría satisfeito.
Esta recensión publicouse, o 6 de xuño de 2014,  nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, baixo o título de “Unha “road movie” literaria”.

02/06/2014