28/12/2011


Mañá, na capital de Bergantiños..... FOLLAS DE CARBALLO !

15/12/2011

De poesía e batallóns

Este sábado 17 de decembro (ás 19: 45 no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía): recital dos poetas da Costa da Morte !
Presentado por Rosalía Fernández Rial, coa música de Mon Búa e a participación estelar de... Paco Souto, Miguel Mato, Paco de Tano, Rivadulla Corcón, David Creus, Suso Bahamonde e María Lado.
VÉN a compartir unha noite de versos con nós!

26/09/2011

Pregón 2011




Feira literaria na capital de Bergantiños... E versos con pan!

08/04/2011

xoves 14 de abril-sábado 16 de abril



Temos os sentidos limitados. Non sabemos percibir. Tan só sobrevivimos na cegueira da monotonía máis absurda...

Esquecemos que formamos parte dunha colectividade; que posuímos a forza invencible da unión...

(...)

NÓS non nos imos resignar. Permaneceremos ATADOS. E ti?

Este XOVES 14 de abril ás 21:00 no Pazo da Cultura de Carballo

Presentación do libro Átonos, de Rosalía Fernández Rial. Cunha posta en escena a cargo da autora, do pianista Serxio Moreira e dos ilustradores do libro (Mon Lendoiro, Viki Rivadulla, Emi de las Heras, Chiña, Fátima Fortea e Susana Llorente. 6 recoñecidos pintores de Carballo e de Muxía).

A escritora Mercedes Queixas presentará o acto de Carballo e o poeta Suso Bahamonde, o de Muxía.

Porque o SÁBADO 16 de abril levaremos o espectáculo a Muxía.

Vén á presentación de ÁTONOS. Átate a nós