11/10/2010




…mm…cadros de reestimulación mental? Si! como se isto fose a farsa dunha irrealidade maior…aaa…pero cantos? Antes ou despois de?...Só podo dicir que non teño voz. Porque son menos que todos. Sen máis...

05/08/2010

En clave de sol en Muxía


Os seres libres e indecentes só respiramos entre as sombras da luz. Porque somos vagabundos; nómadas errantes bebendo malabares nos límites do abismo...

Só nós podemos escoitar as NOITES e descifrar as súas tonalidades. Levamos ó lombo noites indignas; para esquecer e recordar...Noites festivas; de cine; terminais...Noites con lume, teatro e licor café...Noites maiores, menores, diminuídas, disoantes e en silencio...

Pero sobre todo...NOITES en Muxía. O noso refuxio. A patria do nordés.

Se queres volver a vivilas VEN !!!! :

O VENRES 13 DE AGOSTO ÁS 21:00 no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía.

(re)presentación do poemario musical En clave de sol de Rosalía Fernández Rial; con Manuel Bello ó piano e Mon Lendoiro ó debuxo.

Estaremos agardando por ti.

01/07/2010

hey, Mr. Robinson



...os Fremens do deserto xiramos en cadillacs cara o oeste...
arañas no teito
pílulas de cores
e o fume do noso blues
no vento

09/05/2010




Tirar a cabeza pola fiestra
e saber que sempre podemos botar a lingua;
a nosa longa-lingua.
Aínda que chova;
aínda que non saibamos qué facer.

25/03/2010

Doppelgänger






Sempre cara espazos baleiros.

Con dúas extrañas na armadura;

a ritmo de swing.


10/03/2010



Diga-me só mais uma coisa- pediu Harry.- Isto é real? Ou tudo tem esatado a acontecer na ninha mente?


Dumbledore sorriu-lhe, e a sua voz pareceu forte e audible, a pesar da névoa intensa que estava de novo a abater-se, obscurecendo a sua figura.


-Claro que está a acontecer na tua mente, Harry. Mas por que razao há-de isso significar que nao é real?

21/02/2010

En clave de sol


Cada vez somos máis os que escoitamos as NOITES e podemos descifrar as súas tonalidades...
Dentro das partituras ilegais compartimos bailes imposibles, ritmos ocultos, claves segredas...
Se ti tamén te queres transformar nun músico da nocturnidade, agardámosche:


O xoves 4 de marzo ás 19:00 no Consello de Cultura de Santiago de Compostela
[Pazo de Raxoi, frente a catedral, 2º andar]

-Manolo Bello ó piano,
-Rosalía Fernández Rial á voz
-Mon Lendoiro ó debuxo

e

O venres 5 de marzo ás 20:00 no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña
[Rúa Olmos, 16-18, 1º]

-Olga Patiño Nogueira
-Emma Pedreira
-Rosalía Fernández Rial
-E a guitarra funky de Brais Morán.

29/01/2010

IMAGINE



...
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa

(Novoneyra)

16/01/2010



En cada rúa do mundo,
un músico agarda por nós.