
28/12/2011
15/12/2011
De poesía e batallóns
Presentado por Rosalía Fernández Rial, coa música de Mon Búa e a participación estelar de... Paco Souto, Miguel Mato, Paco de Tano, Rivadulla Corcón, David Creus, Suso Bahamonde e María Lado.
VÉN a compartir unha noite de versos con nós!
26/09/2011
08/04/2011
xoves 14 de abril-sábado 16 de abril

Temos os sentidos limitados. Non sabemos percibir. Tan só sobrevivimos na cegueira da monotonía máis absurda...
Esquecemos que formamos parte dunha colectividade; que posuímos a forza invencible da unión...
(...)
NÓS non nos imos resignar. Permaneceremos ATADOS. E ti?
Este XOVES 14 de abril ás 21:00 no Pazo da Cultura de Carballo
Presentación do libro Átonos, de Rosalía Fernández Rial. Cunha posta en escena a cargo da autora, do pianista Serxio Moreira e dos ilustradores do libro (Mon Lendoiro, Viki Rivadulla, Emi de las Heras, Chiña, Fátima Fortea e Susana Llorente. 6 recoñecidos pintores de Carballo e de Muxía).
A escritora Mercedes Queixas presentará o acto de Carballo e o poeta Suso Bahamonde, o de Muxía.
Porque o SÁBADO 16 de abril levaremos o espectáculo a Muxía.