26/02/2009



...a pesar de que sexan poucas as noites que tropezamos nas escaleiras, supoño que xa me acostumei a vela aí, co ollar cravado na fiestra...

Ás veces imaxino que baixo cun pixama a xogo co seu camisón, e que saimos a pasear a nosa covardía pola cidade de pedra. Só paramos para fumarlle os cigarros a ese fillo de puta. Iso si, sen que ninguén se decate de que estamos no mundo. Non falamos. Non é preciso falar. Pero sabemos que estamos xuntas, aínda que non nos coñezamos de nada.



Ás veces imaxino...



mais a verdade é que sigo aquí, na compaña de todos os meus medos. E ti...

Ti continúas nas escaleiras, co ollar cravado na fiestra...

10 comentários:

From Hell disse...

Non sei por qué, pero imaxinaba que andabas neste escuro mundo dos blogs... gústame a idea.
pasarei máis veces por aquí..pinta ben.
saúde

dalit disse...

Gústame este xénero;eu, que tamén plasmo no papel estes fugaces intres de vida chámolle "retazos".Seguirei invadindo a túa morada.

juvman disse...

Parece ser que, depois de todo, a vida que chamamos "real" poderia ser só um holograma, uma proxeçom da nossa própria consciência pra comprendermos melhor um mundo demasiado complexo. Co cal, querida colega, podo dizer-che duas cousas:
1) Imaxinar é tam valioso como vivir, ao final é a mesma cousa.
2) Vivendo corre-se o mesmo perigo que imaxinando, así que às veces há que arriscar-se um pouco mais que, depois de todo, o peor que pode passar é que tenhamos que "resetear" a ensonhaçom.
Bicos e muito ânimo, Ro.

ŁıĐįĄ ßãŌ disse...

Un fío máxico texe a manga dun xersei que une a fiestra coas escaleiras. A pesares de ser a cidade das pedras molladas... non chega a humidade ó xersei. Non tedes frío.


En BCN había unha expo de Sorolla no MACNA. Contáronme que ó tipo
costoulle moito pintar a luz do Mediterráneo, non atopaba sitio de inspiración para pintar Cataluña.

Frederik Tácito disse...

Fabulosas verbas, dunha evocación estremecedora. Difícil contar unha cousa así do xeito que ti o fas. Noraboa e adiante..

saudiños dende fisterra

Aliada entrópica disse...

A imaxe representa o meu epicentro persoal da cidade de pedra. Gústame que puxeras xusto esa fotografía. É o lugar preciso dende onde chama por min pra baixar en pixama e fumarlle os cigarros... Seica diso sabemos algo as dúas.
Imaxínoa con canas e moita cor e misterio, igual ca ti.
Que lindo, ché.
Un bico.

O Mouro disse...

Fermosa e hímida Compostela...mmm, danme ganas de voltar por aí. Un saúdo

O Garcia do Outeiro disse...

Tem um cheiro inconfundível a No ventre do silencio de Ferrim. Gostei do texto e tamém de que deixes que cada um o intitulemos com qualquer um dos dias em que a chuva nos molha e invade por dentro.

Para mim o 1 de Março seria um bom título, "la receta del diablo" como diria o Hugo Chávez.

Umha aperta irmandinha

O Garcia do Outeiro disse...

Efectivamente Terra Galega nom tem nada a ver com o nacionalismo, mas bebe dum verniz retórico semelhante para captar votos de gelegos e galegas que acreditam na Galiza, tal e como o PSOE capta voto de esquerda sem ser de esquerdas.
O BNG deve pedir perdom aos movimentos sociais aos que atraiçou nesta legislatura e contar com a sua base para a nova etapa que lhe tocará a um BNG onde ditaduras intolerantes e maioritárias como a da UPG e o quintanismo dérom como resultado o retorno do caciquismo e a direita mais reaccionária.
Agora toca reformar o BNG e desde o Encontro Irmandinho tentaremos que assí seja, ainda que quiçais nom nos deixem e entom haveria que colher novos caminhos, sempre em sintonia com os movimentos sociais, porque eles som a esquerda e eles som o povo desalheado, o nosso caminho.

NÓS SÓS!

O Garcia do Outeiro disse...

Umha aperta irmandinha para ti tamém e que sejam milheiros os anos em que as crianças continuem a empregar a língua dos cancioneiros medievais.

Nós Sós!