16/04/2009

AsoR + AíL


Claro que mereces unha explicación, nunca dixen o contrario. Pero se é difícil recoñecer a propia rareza, describila convértese en toda unha fazaña. A ver...
...

Imaxina unha armadura grosa, moi grosa, imposible de atravesar.
Agora supón que introducimos no seu interior dúas almas radicalmente opostas, Asor e Aíl. Asor non coñece o medo e non sabe o que é pensar, polo que intenta facer voiar á armadura, empurrala cara o infinito...
Aíl sempre llo intenta impedir, pero Asor e máis forte. Entón, o único que pode facer Aíl é arrepentirse, martirizarse, retorcerse dentro dunha armadura que se volve asfixiante e da que non pode saír... Vai a por Asor...e, debaixo da cota, comeza a sanguenta loita...

O interior da armadura sempre está en guerra porque Aíl e Asor nunca chegan a un acordo.
E, a pesar diso, teñen a obriga de dirixir o corpo dunha soa persoa...
...

Si, xa, supoño que quedaches como estabas, pero creo que non o sei describir mellor...



4 comentários:

juvman disse...

É o que tenhem as armaduras: servem muito bem pra protexer de todo o que está no exterior, mas cando o perigo vem dende dentro, som uma prissom coa que há que luitar como Asor e Aíl, e alí só poderá ganhar aquel que tenha mais força de vontade.
As tuas explicaçóns no sempre seram clarinhas, mas si reveladoras. Obrigadísimo.
Uma aperta grande.

Frederik Tácito disse...

Pois esperemos que Asor e Aíl cheguen algún día ó acordo, algo que sempre é máis necesario dentro das fronteiras da fortaleza que fora delas.

un saudiño!!

Lux disse...

tal cual.

siempre explicas mejor de lo que tú crees...

O Mouro disse...

Asor e Aíl veñen sendo nun contexto técnico, algo así como Hardware e Software...En fin, supoño que todos temos un Asor e Aíl persoal, inerte. Unha aperta!