cando espertei, a gaiola seguía aí, mofándose de nós. O fume que nos venderon axuda a esquecer. Por iso ninguén se acorda da vida anterior ós barrotes.
Ó final, o sistema conseguiu chutarme, así que tardarei en reaccionar. Pero en canto estea preparada seguirei a construír a catapulta que deseñei de pequena. E con ela romperei a túa celda; para que sexas libre, para que poidas despegar…

4 comentários:
Non dubido que o conseguirás. Remember, remember, the Vth of November.
Já fazia tempo que nom me passava por aqui, vejo que volves com folgos renovados. Umha aperta irmandinha
Sí, sen dúbida o sistema é unha cárcel, pero ás veces nós mesmos somos os que construimos os barrotes. Xa sabes que o maior erro que comete un ser humano é nacer, e o máis triste é que é unha decisión que nós non tomamos.
Un saudiño e segue a escribir con esa sensibilidade tan túa.
Xoán
Pregúntome se cando o cárcere é autoconstruído, cando os límites son autoimpostos, tamén o poderá romper alguén dende fóra..
Postar um comentário