Se cadra, apetéceche unha viaxe; un roteiro
sen desenlace nin punto de partida. Quizáis ansies volverte nómade de litorais literarios, capaz de deter a realidade e soñar catografías fantásticas...
Inluso é posible que queiras formar parte do noso batallón de mariñeiros que pescan imaxes oníricas. Alén do solpor. Na COSTA DA MORTE.
De ser así, acompáñanos!!
Temos para ti unha singradura infinita...
que partirá:
-Este VENRES 18 de MAIO ás 18:45, da BIBLIOTECA MUNICIPAL de MUXÍA.
-O VENRES 25 de MAIO ás 21:00 do PAZO DA CULTURA de CARBALLO
na PRESENTACIÓN DO LIBRO UN MAR DE SENSACIÓNS. RUTAS E POEMAS PARA DESCUBRIR A COSTA DA MORTE, dos autores Xan Fernández e Rosalía Fernández Rial.
Intervirán:
-X. Mª Lema, presidente do SEMESCOM
-E os autores do libro.
O acto rematará cun recital POÉTICO-MUSICAL a cargo de Rosalía Fernández Rial e do guitarrista Mon Búa.
Atrévete a viaxar con nós!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário