03/12/2009

VENRES 11 DE DECEMBRO EN CARBALLO


Hai moito tempo descubrín que podía escoitar as NOITES e descifrar a súa tonalidade...
Quería compartilo, contarche o que sentía...
Así que empecei a escribir con música as miñas emocións....


O VENRES 11 DE DECEMBRO ás 21:00 no Pazo da Cultura de Carballo...

(re)PRESENTACIÓN do libro En clave de sol. Poemario musical de Rosalía Fernández Rial. Con ilustracións do pintor carballés Mon Lendoiro. (editado pola AC Lumieira)

Haberá....

-Un recital poético-musical con Manolo Bello ó piano e Rosalía Fernández Rial á voz.

-Un cadro sorpresa que Mon Lendoiro irá elaborando en directo.

-E sobre todo...unha GRAN SORPRESA final que só poderás descubrir se vés a compartir a noite do venres 11 con nós...

Esperámosvos a todos no Salón de Actos do Pazo da cultura de Carballo (terceira planta) o venres 11 de decembro ás 21:00 da noite.

5 comentários:

AFP disse...

Parabéns Rosa! A ver se me fago com um exemplar aginha. Umha aperta irmandinha

AFP disse...

Tamém som poeta eh! ;-)

juvman disse...

Sigo na procura de opçóns pra o evento do ano! ;-) Manterei-te informada, Ro. Apertas.

Mon Lendoiro disse...

boas....boas..............je, je.

Anônimo disse...

Ola poeta:
Foi un privilexio darche a alternativa (perdoa o argot taurino, jeje) no recital de Muxía. Estiveches xenial, sobria. Un bicazo e a seguir adiante!!
Modesto Fraga