07/04/2014

De cadernos e cuestións


Hoxe, no Caderno da Crítica, de Ramón Nicolás:
http://cadernodacritica.blogaliza.org/2014/04/07/cuestionario-proust-rosalia-fernandez-rial/ 




Cuestionario Proust: Rosalía Fernández Rial

Desde o blogue de Ramón NicolásCaderno da crítica, esteCuestionario Proust a Rosalía Fernández Rial:
«1.– Principal trazo do seu carácter?
- A abstracción. Así, sen concretar.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
- A Honradez, en especial na modalidade de impulso irreprimible.
3.– Que agarda das súas amizades?
- Que sexan como son. Mais, postos a pedir, “Amor” (a poder ser, platónico).
4.– A súa principal eiva?
- Pisar ás miñas parellas de tango. Coa muiñeira, o rock ou a salsa non me pasa (aclároo por se alguén que nos estea lendo me quere sacar a bailar). En calquera caso, esa debe ser unha eiva secundaria. A principal penso que é a dúbida perpetua, mais non estou moi segura.
5.– A súa ocupación favorita?
- A ningunha actividade que me entusiasme lle chamaría “ocupación”.
6.– O seu ideal de felicidade?
- Ser Feliz.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
- Aquela que tivera menos graza.
8.– Que lle gustaría ser?
- Un personaxe de ficción.
9.– En que país desexaría vivir?
- En Fantasía. E, de non ser posible, no das Marabillas.
10.– A súa cor favorita?
- A da Utopía.
11.– A flor que máis lle gusta?
- A das “cen follas”.
12.– O paxaro que prefire?
- A Ave Fénix.
13.– A súa devoción na prosa?
- Ser moi devota duns poucos magos. E, logo, deixarme sorprender.
14.– E na poesía?
- Aínda máis.
15.– Un libro?
- Si, por favor. Grazas.
16.– Un heroe de ficción?
Robin Hood existiu?
17.– Unha heroína?
- A de Trainspotting parece boa.
18.– A súa música favorita?
- Sempre depende do momento.
19.– Na pintura?
- Tamén.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
- Mataríame se revelase a súa identidade.
21.– O seu nome favorito?
- O dese/a heroe/heroína real.
22.– Que hábito alleo non soporta?
- O de copiar e pegar sen citar.
23.– O que máis odia?
- Que o ser humano sexa capaz de odiar.
24.– A figura histórica que máis despreza?
- A de quen coartou a liberdade, en calquera das súas formas.
25.– Un feito militar que admire?
- O dos Jedis contra os Siths, son os únicos exércitos nos que creo.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
- O das ilusionistas.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
- En escena, tras a mellor función da miña vida.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
- O onirismo con alucinacións.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
- Os infantís. As cativas e cativos poden “facer de min un pandeiro”, expresión moi de Celso Emilio –de quen, si, son devota–.
30.– Un lema na súa vida?
- Miña avoa materna, Lema Touriñán.

Nenhum comentário: