30/11/2008

Laisser faire


-Inténtao…que foi o último que…?
-...
-É imprescindible que o recordes...
-La menor....Si!!!! soaba un tema en la menor...Non había ninguén máis...Fisicamente non había ninguén máis.
-Ben, moi ben...entón psicoloxicamente si estabas acompañada.Agora temos que comprobar a cor dos teus últimos pensamentos para saber cómo chegaches ata aquí...

Entón, o señor que expulsaba esa voz todopoderosa que sumaba un dose de misticismo ao escenario de irrealidade baixou do seu trono dourado e achegouse ata a materia incorpórea na que se convertera a miña figura para atravesala á altura da cabeza.

E cun aceno de satisfación sobre o seu rostro anxelical, extraeu unha esponxosa masa vermella da miña mente...Examinouna detidamente e a continuación engadiu:

-Comezaches a pensar en cores...Pero algún pensamento traumático logrou impoñerse sobre os demais e concentrácheste nel de tal maneira que se foi convertendo en vermello. Nun vermello asfixiante...
-E agora...?
-Agora qué..?
Eu non podo facer nada máis por ti...Devólvoche esta noxenta pasta viscosa que che pertence (dixo introducindo de novo os pensamentos vermellos na miña mente) e xa ti farás o que che pareza con ela...

-Pero...

-Veña, deica...vah....ata que...
A!, un consello: parte deles son mimetismos que se alimentan das almas alleas, en realidade non existe a súa personalidade, só son referencias corpóreas que intentarán destruír a túa alma...Non llo teñas en conta, elfa Rosalía...

En canto a El...El...sempre estará presente...nos teus...nos vosos si-len-cios...

Nenhum comentário: