30/11/2008

"por la carretera"



e sen querer, ía deixando atrás liñas discontinuas, intervalos de silencios inrtermitentes, conversas inacabadas, relacións sen rematar...
Co paso firme dun réptil desorientado, incompletaba a historia dunha vida paralela, creando reixas dun cárcere de autoestrada que cortaba o paso aos demais.

E aínda así, pretendía traspasar as fronteiras do infinito...

Con ese ronsel de asuntos pendentes...

Recompoñendo, a soas, as mutilacións dun pasado por edificar...

Minha galera



...porque en Tijuana, as “Calaveras” non sabemos chorar, pero rebentamos en suor de revolución cando deixamos os corazóns en primeira liña de batalla, cantando:

“O minha maconha
Minha torcida
Minha querida
Minha galera”

coa conciencia aturdida tras comprobar que neste mundo “Todo sería mentira”
de non ser pola verdadeira amizade.



Laisser faire


-Inténtao…que foi o último que…?
-...
-É imprescindible que o recordes...
-La menor....Si!!!! soaba un tema en la menor...Non había ninguén máis...Fisicamente non había ninguén máis.
-Ben, moi ben...entón psicoloxicamente si estabas acompañada.Agora temos que comprobar a cor dos teus últimos pensamentos para saber cómo chegaches ata aquí...

Entón, o señor que expulsaba esa voz todopoderosa que sumaba un dose de misticismo ao escenario de irrealidade baixou do seu trono dourado e achegouse ata a materia incorpórea na que se convertera a miña figura para atravesala á altura da cabeza.

E cun aceno de satisfación sobre o seu rostro anxelical, extraeu unha esponxosa masa vermella da miña mente...Examinouna detidamente e a continuación engadiu:

-Comezaches a pensar en cores...Pero algún pensamento traumático logrou impoñerse sobre os demais e concentrácheste nel de tal maneira que se foi convertendo en vermello. Nun vermello asfixiante...
-E agora...?
-Agora qué..?
Eu non podo facer nada máis por ti...Devólvoche esta noxenta pasta viscosa que che pertence (dixo introducindo de novo os pensamentos vermellos na miña mente) e xa ti farás o que che pareza con ela...

-Pero...

-Veña, deica...vah....ata que...
A!, un consello: parte deles son mimetismos que se alimentan das almas alleas, en realidade non existe a súa personalidade, só son referencias corpóreas que intentarán destruír a túa alma...Non llo teñas en conta, elfa Rosalía...

En canto a El...El...sempre estará presente...nos teus...nos vosos si-len-cios...

Realidade pub



ó fin e o cabo, frecuentar antros indignos acababa por converterse sempre na mellor das opcións...

bebida curativa,
música axeitada,
lámparas sen luz...

e eles.
No lugar de sempre.Gánsters da nocturnidade envoltos no seu propio fume. Integrados na súa dimensión perpendicular.
“eles”

Eles tampouco levaban corazón.Sabían que non o ían precisar.

E xusto no momento máis inoportuno, a miña alma volvía a sangrar...
Merda!, non tiven máis remedio que achegarme...
-ei!, non teredes por aí unha verdade, non?...(...)
-ao contado ou con tarxeta?

E Volvéronme a embargar.
De novo, volvéronme a embargar.

cosmogonía barqueira


…cando os guerreiros de Nix aínda vestían pixamas de colores.


Honraban a CAOS, primeiro deus elemental, que estendía a súa nada de vapor e tebras a través do horizonte esfumado.O templo sagrado da cosmogonía irracional aferrábase aos berros guturais dos sacerdotes nocturnos, agasallándoos con fogos de artificios e billetes sen retorno.Bailaban danzas ancestrais invocando á Loucura vital da máis sincera amizade e focalizaban o inexistente desde perspectivas inversamente proporcionais a cotidianidade da razón, á “normalidade” tiranizada.


-Estoupa, Gaia de amor!



..e as estrelas foron caendo unha a unha entre as súas pálpebras douradas...